martes, 6 de novembro de 2012

Xa estamos a pleno rendemento!

Xa levamos uns días que vos preguntaredes...
Onde están @s  encargad@s?



Pois dende o mércores xa levamos tres!
1º Mateo, logo Carla e hoxe Emilio!



Cada vez teñen máis traballo, xa escriben o número de amig@s que quedaron na casa!

Bueno, as veces facemos un pouquiño de trampa e axúdanos a profe...

E por suposto, escribir os nosos nomes, que nos encanta a tod@s e sempre intentamos saír, aínda que non sexa o noso turno...




Sabedes unha cousa?????
Hoxe veu Patch e trouxo a un amiguiño! Chámase Robby e  a theacher nos puxo unha peli deles... Unha chulada!
Estivemos suuuuuperatentosssssss! E agora imos aprender a canción!







Somos todo concentración!

E... agora... festa outonal no patio!

 
Buscamos as árbores que xa lle caeron as follas.





Logo vimos que non todas teñen a mesma forma e tampouco a mesma cor...



E... a recoller folliñas! Buscamos as que non estivesen rotas!











E por fin todos xuntos! folliñas de outonooooooo!
 














Sorpresa! Estamos a traballar o corpo e nós pintamos unha cariña nas folliñas, foi unha actividade moi entretida! Nunca debuxáramos antes en folliñas de árbores!







 

E aquí está  o resultado! Agora temos unhas fiestras outonais con cariñas escondidiñas!



Ningún comentario: