domingo, 26 de maio de 2013

PITUFOVISITA DA "GALIÑA AZUL"


O VENRES FOI UN DÍA MOI INTENSO, TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL QUE COMEZAMOS PREPARANDO CON MOITO CARIÑO.

Días antes comezamos a ensaiar  outra vez a canciçon  "O OSIÑO POLAR",  pensamos que lles poderiamos pedir axuda para cantar, así que coloreamos uns osiños moi chulos das cores que nos pedía a canción para nós, así ninguén se trabucaría; tamén pintamos o fondo do debuxo do osiño, perfilando con moito coidadiñ, así o osiño quedaría branco...










Por fin chegan!!! Vaia ganiñas que tiñamos de saudalos e compartir uns momentiños moi especiais con todos!




O compañeiro de 6º de E.I. Pablo, presenta! Sesión de títeres de "Caperucita Roja"!!!















Agora tócalle o turno a clase de %º de E.I. Cóntannos a historia:
"Por catro esquiniñas de nada!".





POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA

Finalmente, chega o noso momento!!!!!!









Ó rematar as actucacións. despedímonos dos nosos amiguiños e amiguiñas, e... convidámolos a visitarnos moi pronto!






Logo, xa  quedamos a xogar nonpatio, que non chove!!!!
Algúns fomos a casiña da árbore...




Outros xogamos a pillar!


Tmén fixemos investigacións no chan!



Bueno familias levamos unhas semaniñas... Non paramos!

LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO


Boas familias, estivemos a traballar un pouquiño e imos a ensinar todo o que aprendemos, ademais dunha pequena mostra dos traballiños que fixemos. Por si non o sabedes, a profe, tamén estivo aprendendo con nós... je, je, je Que faría sen a nosa axuda!!!!!

Comezamos coloreando uns pequenos marcapáxinas, que levamos de agasallo para casiña... A profe di que lles demos uso e que leamos moitísisisisisimos contos! Cantas aventuras nos agardan!













Ahí vai o noso libriño, repasamos e traballamos unha morea de cousas!











Tamén intentamos facer unha caricatura de Roberto Vidal Bolaño! Somos todo concentración! A profe nos dixo que tiñamos que debuxar unha cara con nariz colorado, con bigote e somobreiro! Nós dixémoslle que non sabiamos... non nos escoitou e xa sabedes...   - ela que sí, - nós que non... Ao final intentámolo todos, mirade as nosas obras de arte!!!!!
















Algúns quedaron ben parecidos! Unha compi, case debuxou a Suso Caruso! Como tamén ten o nariz colorado...













Cada quen interpretou o traballo ó seu xeito, deixamos que o arte xurdira, agardamos que vos gustase!

Por certo, algúns pitufos e pitufas, foron quen de copiar o Nome de Roberto Vidal Bolaño da pizarra SEN AXUDA NINGUNHA!
PARABÉNS PITUF@S, VOS ESTADES FACENDO MAIORES!!!!