martes, 23 de xuño de 2015

UNHA VIAXE MOI INTENSA!!!!


Este final de curso foi taaaan intensooo... coma esta saída tan especial e agardada polos nosos pitufiños e pitufiñas!!!!

Listos para marchar!!!!! Estamos coma motos!!! Fixádevos nos nosos sorrisos!!!


Rumbo a Pontevedra!!!!




 Primeiramente fomos a estación do tren de Pontevedra.
Chegamos ben cediño para investigar todas as cousiñas que aprendemos sobre os trenes. 

Reloxos por todas partes!!! Non nos podemos despistar da hora!!!



Panel informativo!!!



Aquí xa se ve mellor, sae o noso tren con destino a Vigo! Pero nós paramos en Arcade.


Os viaxeiros teñen un lugar onde poder tomar un cefeciño... ou un zume!!!


A profe Marga nos ensinou onde se venden os billetes, hai un automático e outro na ventenilla co vendedor/a.




Dando a volta para atrás fomos cara a saída ó ANDÉN. 



Acomodámonos todos xuntiños e a merendar!!!





Mentres papabamos as merendas chegou un TREN DE MERCANCÍAS!!!


Somos uns pitufiños moi educados e tiramos ao lixo os restos das merendas e os refugallos, cada un no lugar que corresponde, reciclamos moi ben!!!



Esta traballadora nos dixo as normas básicas e importantísimas da estación, algunhas xa nolas dixera a profe, porque pode ser moi perigoso!!!


-Non podemos cambiar de andén atravesando as vías, ten que ser polos túneles!!!!!



E fomos cambiar de andén polos túneles! 


Vedes o ben que nos portamos, a profe quedou "alucinada"!


Comprobamos que non só hai escaleiras, tamén hai ascensor e escaleiras mecánicas!









Chegamos ó outro lado da estación, e volvemos para coller o noso tren na vía tres, que xa estaba a piques de chegar.







Viaxeiros ao treeeeen!!!! Está a piques de chegar e para moi pouquiño tempo!!!




Por fin!!!
Subimos polo acceso dos minusválidos, era máis doado que polas escaleiras. 







Comeza a aventura!!!!











 Xa estamos a chegar!!! Imos pasar pola ponte!!!




Dende o tren vimos o río Verdugo e a PONTE ROMANA DE PONTESAMPAIO!!! 
Do outro lado da ponte atópase a praia fruvial de Pontesampaio, uf non nos da tempo a nada!!!


Despois deste túnel, por fin chegamos!!!



 Baixamos e a investigar a zona!!!


 




Saíndo da estación!


Xa estamos a baixar cara a praia!



Dende a ponte vimos a estación do tren de Aracade, o cartel e a saída do túnel!



Pasamos polo multiusos de Aracade!


Cruzamos con moito coidadiño  e por orden, as profes controlaban que non viñeran coches.




Chegando ao final da rúa atopamos unha MARISCADORA!!!!




Sabedes o que atopamos ao cruzar?


Un superparque!!!


O porto!



E Aitana atopou as mariscadoras  a traballar!!!



 E un mariscador perdido!!


Tamén se vía a Ponte de Rande!



Pasando o aparcamento do porto polo paso de peóns atopamos por fin a praia!!!



Pasamos a carón dunha carballeira ben fresquiña!!! Pedimos uns xelados á profe, pero non había...


 Como nos acompañou a profe Patri, paramos a ver a réplica do Cristo Redentor de Río de Janeiro.


Paseando polo camiño do río Verdugo!!!


Dende aquí se ve a desembocadura do río e as pontes da naciconal e as dúas dos trens, tamén estaba o do AVE!!




Xa era hora profe! Coas ganiñas que tiñamos de xogar...


















Preparados para volver a Tenorio!!!





Esperamos, contamos ata 60 e chagou o tren!!!





O REVISOR estaba acompañado dun GARDA DE SEGURIDADE que tamén viaxa no tren.


Xa de volta, pasámolo... XENIAL!!!!











Ata a próxima viaxe familias!!!

1 comentario:

Teresa dixo...

La mejor guinda para el pastel, despues de trabajar este trimestre "el tren" en clase y "las mariscadoras" con los compañeros de ciclo.

Manuel contó que las mariscadoras parecían hormiguitas de lo lejos que estaban jijiji

Y del mundo del tren,¿qué puedo decir? A la tradicional explicación de fichas con la que nos ilustra todos los trimestres, hace 15 días mientras hacíamos tiempo para ir al cine, Manuel nos hizo una visita guiada por toda la estación con todo lujo de detalles. ¡Son unos expertos! jajaja