Este martes tivo lugar unha saída na que nos achegamos ata o río Lérez. Queriamos saber qué tal está de saúde.
Tivemos a visita dun Biólogo chamado paco, cantas cousiñas nos ensinou!!!!
- O BIÓLOGO É O QUE ESTUDA A VIDA!
- A BIOLOXÍA É A CIENCIA QUE ESTUDA OS SERES VIVOS.
- NO DICCIONARIO PON QUE BÍO SIGNIFICA VIDA E LOXÍA SIGNIFICA CIENCIA!!!!
- RÍO É UNHA CORRENTE DE AUGA DOCCE QUE DESENVOCA NO MAR, NUN LAGO OU NOUTRO RÍO.
- NAS MÁRXENES DOS RÍOS, HAI BOSQUES DE RIVEIRA QUE SON O FOGAR DE OITOS ANIMALIÑOS.
- ESTES BOSQUE ESTÁN FORMADOS POR SALGUEIROS, BIDUEIROS, AMENEIROS... E SON IMPORTANTÍSIMOS PARA QUE O RÍO TEÑA BOA SAÚDE.
Dende este punto xa se nos fixo longa a charla e voltamos para a escola, ía unha calor... e todo costa arriba!!! Pero a profe dixo que fomos uns auténticos CAMPEÓNS E CAMPEONAS!!!!
Preparados para a saída!!!
Presentación de Paco, o noso BIÓLOGO!!!!
Xa camiño do río.
Xa se ve o río!!!!
Pensabamos que non chegabamos nunca!!!
Vaia caloriña que fai!!!
Listas para a foto, co noso mellor sorriso!!!!
Ensinámoslle a profe un "xis" debuxado no ceco por uns avións!!!
Esta profe... non o vía!!!!
Por fin chegan os maiores!!!!!
Temos que prestar atención,
comeza a charla na que aprendemos tantísimas cousas interesantes!!!!
Como podedes ver, estivemos tod@s moi atent@s!!!!!!
Para nós xa remata aquí, agora é o turno dos maiores...
Xa camiño de volta... non se podía con tanta calor, e todo costa arriba!!!! Menos mal que marchamos antes porque do contrario...
Un pouquiño de auga por favor, que estamos abafados!!!!!
Cando nos puxemos a falar na clase, xa vedes o que nos quedou na cabeciña. Tamén falaron das árbores, pero xa estabamos un pouco cansos e custaba manter a atención.
Ningún comentario:
Publicar un comentario