Este blog está adicado a todos os pitufos e pitufas, que xunto coas súas familias, amigos… forman parte da comunidade educativa do CEIP DE TENORIO. Trataremos de achegar a escola no seu día a día a vosa pantalla, para así compartir o que aprendemos, os nosos progresos, sorpresiñas, cacións, xogos, novas e tamén grandes eventos destes pitufiños e pitufiñas. Agardamos que esta fiestra non se peche nunca e así poder compartir este mundo pitufo con todos.
venres, 20 de xuño de 2014
SAÍDA A CARBALLEIRA DE SAN XUSTO.
Hoxe tivemos un pequeno picnic, para despedir este curso académico... Mmm Jorge!!! Sabe mellor así o churrasco!!!!! MMMMmmmmmm Moitas Grazas a todos os que fixeron posible este xantar campestre!!!!
Logo de tomar o postre, regresamos un pouco cansos xa no autobús e a profe, mentres non chegaban os compis maiores, nos puxo unha peli, para relaxarnos un pouquiño... Foi unha mañá diferente e un xantar cheo de amigos e moi especial!!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario