HÁBITOS SAUDABLES |
Este blog está adicado a todos os pitufos e pitufas, que xunto coas súas familias, amigos… forman parte da comunidade educativa do CEIP DE TENORIO. Trataremos de achegar a escola no seu día a día a vosa pantalla, para así compartir o que aprendemos, os nosos progresos, sorpresiñas, cacións, xogos, novas e tamén grandes eventos destes pitufiños e pitufiñas. Agardamos que esta fiestra non se peche nunca e así poder compartir este mundo pitufo con todos.
xoves, 27 de marzo de 2014
venres, 21 de marzo de 2014
PROXECTO DO CORPO HUMANO
Investigamos! CÓMO SOMOS?... Neste trimestre estamos levando a cabo un proxecto de investigación sobre "O noso corpo": como somos por fora e por dentro, de qué estamos feitos, de onde saímos, hábitos saudables, a descripción dunha persoa... Melloraremos e interiorizaremos o nosos esquema corporal... En primeiro lugar imos ver un video. |
Clika sobre a imaxe para ver o vídeo "LAS PARTES DEL CUERPO" |
Clika na imaxe e poderás atopar poemas, cancións ... |
Clik IMAXE . "O ESQUELETO". |
XOGAMOS? |
Penso que agora toca cantar un pouquiño! A mover o esqueleto Pituf@s!!!!
(Nos arquivos seguintes, preme logo na frecha sutuada na marxe superior esquerda da pantalla.)
AUDIO: O ESQUELETO DE MIGALLAS |
CANCIÓN: "SOY ASÍ" DE CANTAJUEGO. |
A hixiene é moi importante, nada mellor que con música!!!
Comezamos xogando cos puzzles que trouxo a profe...
Xurdiron moitas preguntas!!!
-Profeee... Para qué temos osos? Están agochadiños... Non serven para nada??!!!
- Profeeee, qué é isto que está dentro da cabeza?
- Vaia corazón máis raro!!! Non se parece nadiña ó que debuxamos nós!!!
-Esto tan raro son músculos? Temos tantos? Son feos!!!
-Pois sí que medran os bebés dentro da barriguiña das mamás!!!!
- Temos moitas cousas dentro que non se ven!!!
Comezamos xogando pero a cousa foise pondo máis seria, e con tantas preguntas... Comezamos a investigar e a traballar!!!
Tamén falamos de hábitos saudables, como a comida sá, durmir o necesario, manter unha hixiene saudable, facer deporte... Aprendemos cacións e poesías...
ALGÚNS NON TIÑAN MOITAS GANIÑAS DE CANTAR... TAMÉN OS DEDOS NON FAN MOITO CASO... ESTÁ BEN CLARO OS QUE RECOÑECEMOS MELLOR!!!
FICHAS DO PROXECTO |
Falando de deporte...
Mellor decansamos un pouquiño logo de tanto esforzo!!! Je, je...
Grazas Profe Marcos por facer que nos guste tanto o deporte!!!!
Como é lóxico a est@s cativ@s, gústalle xogar imitando a maiores e pequenos, a médicos, mamás e papas...
Sobran palabras!!! Agardamos que disfrutedes das nosas vivencias tanto coma nós a través deste blog.
QUEREMOS MOITOS COMENTARIOS!!! A EST@S PITUFIÑ@S ENCÁNTALLES RECIBIR CORRESPONDENCIA TIC!!!
Por fin rematamos o proxecto con esta experiencia:
Uns pulmóns artificiais!!!
GRAZAS PROFE MAITE POLA AXUDA!!!!!
Etiquetas:
FICHAS,
GRAFOMOTRICIDADE,
PELIS DA ESCOLA,
PROXECTOS.,
PSICOMOTRICIDADE,
TICS,
XOGOS
Ubicación: TENORIO, COTOBADE
Colexio, 36120, Pontevedra, España
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)