Este blog está adicado a todos os pitufos e pitufas, que xunto coas súas familias, amigos… forman parte da comunidade educativa do CEIP DE TENORIO.
Trataremos de achegar a escola no seu día a día a vosa pantalla, para así compartir o que aprendemos, os nosos progresos, sorpresiñas, cacións, xogos, novas e tamén grandes eventos destes pitufiños e pitufiñas.
Agardamos que esta fiestra non se peche nunca e así poder compartir este mundo pitufo con todos.
Páxinas
▼
venres, 12 de decembro de 2014
Rematando o primeiro trimestre!!!!
O tempo pasa correndo e correndo estamos a facer as portadas das fichas, tratamos de que sexa algo orixinal, comezando por...
Non fixeron nin caso! Superconcentrados!!! A decoración será noutro momentiño, este foi o comezo, a partires de agora é o turno da imaxinación de cada un. Sorte Pitufiñ@s con esas obras de arte!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario